Autoxestión: a propósito de 5 fábricas en Venezuela
Presentación
O concepto de autoxestión se pode aplicar a distintos campos, pero nesta ocasión me centrarei na autoxestión empresarial integral. Partindo, pois de que o modelo se adapta co paso do tempo, cabe destacar os seguintes elementos como definidores dunha empresa autoxestionada:
Toma de decisións de forma asamblearia.
Nomeamento de cargos na asamblea de traballadores. Non existe pois consello de administración como tal.
A propiedade dos medios de producción é dos traballadores.
Os traballadores se ven involucrados en todo o proceso productivo.
A empresa se integra no entorno ou comunidade onde está inserta.
Estas características, admiten notables variacións duns lugares a outros, pero en esencia deben cumprirse todas para considerar que unha empresa está autoxestionada.
Se poden atopar distintos referentes históricos, pero como os máis recentes cabe sinalar as experiencias de Arxentina, que ainda hoxe dan traballo uns 10.000 traballadores.
Partindo dos presupostos do socialismo libertario, de forma progresiva se vai incorporando ó proceso productivo e na ideoloxía dos traballadores a idea da produción como ben para a comunidade. Alén da empresa como unha simple máquina de obtención de beneficios, se considera que deben desenvolve un rol de integración para a comunidade, a cal se debe.
Asi, na búsqueda de modelos actuais, podemos atopar actualmente as distintas experiencias que se están levando a cabo en Venezuela. Daquela o politólogo Darío Azzellini e o artista Olivier Ressler, presentan no seu documental 5 Fábricas (2006) unha interesante panorámica do proceso de cambio que se está levando a cabo en Venezuela.
5 Fábricas
Na liña de pensamento de Dario Azzellini, preocupado pola xustiza social, entronca perfectamente a visión que nos presenta de cinco casos en que os traballadores tomaron o control da súa antiga empresa.
Como salvedade, hai que salientar que estas empresas non están nacionalizadas. E nos casos en que o Goberno venezolano ten a maioría das accións, é de forma transitoria ata completar o proceso de instauración da autoxestión (que soe corresponder co pago do crédito concedido polo Goberno).
Caso 1: Alcasa
Integrada na Corporación Venezolana de Guayana, esta planta de reducción de aluminio, da emprego a 2700 traballadores.
A nivel organizativo consta dun presidente con funcións máis políticas que de carácter técnico, e cun organigrama de técnicos elexidos pola asamblea de traballadores:
Entre os obxectivos que trascenden o puramente produtivo, figuran a inclusión de desempregados de obras e de sectores marxinais.
Nembargantes, no propio documental se cita como principal dificultade no proceso cara a autoxestión a falta de formación política dos traballadores. Isto fai que non todos comprendan o proceso xeral e de adecuación tecnolóxica que se leva a cabo. Ademáis deben entender a empresa como unha parte da sociedade en vez de convertirse nun “illa de produción”.
Caso 2: Cooperativa Textilera de Táchira
Despois de 4 anos pechada, a representación dos traballadores consigue un crédito do Goberno de Venezuela o cal lle permite voltar a por en funcionamento a fábrica, ainda que no 40% da súa capacidade produtiva. Progresivamente se irá aumentando a produción ata empregar unha plantilla de 226 traballadores.
Como ben explica un dos seus administradores, o obxectivo non e lucrarse nin empobrecer a ninguén, senón proporcionar ós seus asociados a mellora calidade de vida posible.
Caso 3: Tomates Guarico
Esta transformadora de tomate no ano 2000 pecha por falta de matería prima. Tras unha serie de avatares, no 2004 reabre pero en mans dos traballadores.
Cunha organización asamblearia, tamén establece o mesmo salario para todos os traballadores integrados nunha plantilla duns 60 membros.
Caso 4: Unión Cooperativa Agroindustrial de Cacao
Integrada no marco das Empresas de Produción Social (EPS) ó igual que o resto das presentadas, é unha importante industria transformadora do cacao en licor de cacao, con previsión de elaboración de novos derivados: bombones, galletas, waffles, etc.
Da súa importancia da fe que englobe a 18.000 produtores.
Asimesmo se aplica o mesmo principio de igualdade de salarios e de colaboración coa comunidade que lle rodea. Sinalan, pois no documental, o feito de que 40 rapaces necesitados coman no comedor da empresa cada día.
Caso 5: Fábrica de papel INVEPAL
Herdeira da antiga VENEPAL, que fora abandona pola súa directiva, en 2003 o Goberno Venezolano a expropia para permitir a súa explotación de forma autoxestionada. Nembargantes coma parte do proceso a empresa empeza sendo estatal, ó teren o 51% das accións en tanto os traballadores ostentan o 49%. Pero o proxecto contempla a entrega case total a estes (99%) quedando para o Goberno un 1%.
Reflexións
Como toda acion humana, é criticable o sistema de producion do socialismo libertario. Pero para quenes consideramos a xustiza social como eixo do desenvolvemento económico e social, parecenos unha forma correta.
O sistema que se nos presenta no traballo de Dario Azzellini revela certas cuestións que parecen mellorables. A saber:
Excesivo personalismo da dotrina política en torno ó Presidente Hugo Chavez. O que pode servir como referente e como guía, tamén pode convertirse en debilidade ante imponderables personais. ¿Qué facer se desaparece?
Iconografía un tanto esaxerada de referentes simbólicos como Simón Bolívar ou o Che Guevara. Se ben e certo que poden servir como gancho para atraer ós cidadáns, quizais habería que buscar outras referencias. Nembargantes o uso desta iconografía é moi utilizada tamén como búsqueda dunha anclaxe case mítica que levan feito ódolos grupos étnicos a través da historia. Xa fora a Grecia Antigua, Roma ou calquera outro.
Para pechar o círculo do desenvolvemento, sería desexable que os produtos froito das empresas de producion social adicadas o eido agropecuario tiveran o selo de Comercio Xusto. Pero seguramente isto tamén se acadará.
É especialmente interesante que o proceso conclúa coa desvinculación das empresas respecto do Goberno, para así favorecer a total propiedade da empresa por parte dos traballadores. Ainda que de momento parece imprescindible a tutela estatal.
Related Links: